Hola, hoxe vouvos falar dun novo tema. A tecnoloxía 5G. O seu nome significa cinco xeracións de tecnoloxía de teléfonos móbiles. Esta nova tecnoloxía ten como beneficio a maior rapidez de descarga, máis de 10GB por segundo.
Esta nova tecnoloxía é un gran avance porque vai permitirnos ter maior número de dispositivos conectados nun mesmo lugar, maior rapidez de resposta no ordenador e maior rapidez de descarga. Ademáis pode axudar a conectar distintos dispositivos e electrodomesticos entre eles e con nós en tempo real. Por exemplo, un robot de cociña, o coche ou o frigorífico. Unha das cousas que pode ser un contra é que para que un móbil funcione na tecnoloxía 5G, ese móbil ten que ter tamén tecnoloxía 5G. É dicir, non poderíamos manter os móviles 4G se queremos usar a 5G na nosa casa, por exemplo. A primeira compañía en avanzar nisto foi a sueca Ericsson, aínda que despois, moitas máis compañías comezaron e avanzaron na investigación.
Aínda que ten un montón de beneficios, tamén ten contras. A OMS declarou que esta nova tecnoloxía é máis canceríxena que a anterior, nun nivel de 2B.
En conclusión, esta nova tenoloxía pode ser moi boa para o ordenador, pero é mala para nós. ¿Deberiamos priorizar a rapidez do Internet que a nosa saúde? Penso que é mellor que esperemos a que atopen a maneira de que non sexa canceríxeno e manter a velocidade do Internet tal e como está que non cambiar todo e que a xente comece a ter cancer desde máis novos e que aumente o numero de xente que o padece.
Webgrafía:
- https://es.wikipedia.org/wiki/Telefon%C3%ADa_m%C3%B3vil_5G
- https://www.nationalgeographic.com.es/ciencia/que-es-5g-y-como-nos-cambiara-vida_14449
- https://www.cancer.gov/espanol/cancer/causas-prevencion/riesgo/radiacion/hoja-informativa-telefonos-celulares